2010 | Buzón de Suxestións
Buscar
 Benvida
 Os teus representantes
 
Benvida
 
Saúda de Santi Domínguez
O medio de información ao que hoxe accededes ten como vocación principal dar traslado a toda a cidadanía dos proxectos e propostas liderados polo grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no día ao día do Concello de Vigo. Queremos que coñezades cal é o noso traballo, pero tamén as nosas opinións e os nosos posicionamentos sobre as cuestións e decisións que determinan o futuro da cidade.
Ese é o noso principal obxectivo, aínda que tentamos ir máis alá. Aspiramos a que a comunicación sexa de dobre dirección. Invitámosvos a que utilicedes esta canle para formular debates e suxestións sobre o noso traballo ou sobre cuestións que vos preocupan. A nosa intención é que esta páxina web sexa un servizo aberto a todos os vigueses e as viguesas para que entre todos fagamos o Vigo que queremos. As vosas achegas axudarannos a detectar as eivas e problemas que ten a cidade, para tentar co noso labor no Concello que se lle dea resposta.
Pretendemos desde esta páxina abrir unha porta á participación política da cidadanía en todos aqueles asuntos que lles afectan. Cremos que esa participación na política local só é posíbel apartir da transparencia na xestión política.
Este vehículo de información ten como obxectivo final dar resposta a esa necesidade de transparencia e participación, desde o convencimento profundo de que o proxecto do BNG se nutre das opinións de todos e todas vós.